Aloxamento para grupos e familias en Arzúa, en pleno Camiño de Santiago
Se ides varios, o máis cómodo é ter unha casa só para vós. Casa Buen Camino é a nosa casa de tres habitacións, a 400 metros do centro de Arzúa, e alugámola enteira: para ata 8 persoas, sen compartir con ninguén e con cociña, terraza e churrasqueira.
Capacidade
Ata 8 persoas
Habitacións
3 habitacións e 2 baños
Terraza
40 m² con churrasqueira
Centro de Arzúa
A 400 m




Por que unha casa enteira é mellor para un grupo
Todos xuntos
Sobre todo ao final da etapa: cénase na mesma mesa, coméntase o día e ninguén ten que repartirse por distintos aloxamentos.
Ao voso ritmo
Sen horarios de albergue nin ruídos doutros hóspedes. Entrades cun código e descansades cando vos veña ben.
Cociña e terraza
Cociña equipada para cear na casa, comedor e terraza con churrasqueira, por se o grupo prefire un plan tranquilo tras camiñar todo o día.
Lavandaría e wifi
Lavandaría para deixar a roupa lista ao día seguinte e wifi en toda a casa para planificar a próxima etapa.
Pensado para quen fai o Camiño
- Chegada con código. Envíámolo ao confirmar a reserva, así que podedes entrar cando cheguedes.
- Bicicletas dentro. Gárdanse no recibidor da entrada, non tedes que deixalas fóra.
- Coche. Pódese deixar no aparcadoiro público da rúa.
- Centro a 400 m. Restaurantes e tendas a pé; contámosvos onde comer en Arzúa.
- Confirmación rápida. Respondemos en menos de 60 minutos.
- Reserva directa. Reservando connosco, sempre sae un 10 % máis económico que en calquera outra plataforma.
Preguntas frecuentes
Cantas persoas caben en Casa Buen Camino?
Ata 8 persoas. Alugamos a casa enteira, con tres habitacións e dous baños, así que o grupo ten a casa só para si.
Alúgase a casa completa ou por habitacións?
Sempre a casa completa. Non compartides espazos con outros hóspedes.
Hai cociña para cear en grupo?
Si. A cociña está equipada e hai comedor e unha terraza de 40 m² con churrasqueira.
Como se entra na casa?
Cun código que che enviamos ao confirmar a reserva, así chegas á túa hora sen esperar a ninguén.
Onde deixo as bicis e o coche?
As bicis gárdanse dentro, no recibidor. O coche déixase no aparcadoiro público da rúa.
Admítense mascotas?
Si, admítense mascotas sempre que se respecten as normas da casa: non poden entrar na vivenda e dispoñen dun lugar habilitado para elas.
Reserva connosco
Dinos as datas e cantos sodes e confirmámosche en menos de 60 minutos. Se prefires falar, tamén atendemos por teléfono e WhatsApp.